Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 9 de febreiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, para presentar a obra "Aquí nunca pasa nada", que se representará no Teatro Principal froito da colaboración entre a Concellaría e a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas. Na rolda tamén participarán as actrices Olga Compte e Luisa Anaya, así como Cristina Bandín en representación da Rede.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

19.30 h
No Teatro Principal, representación da obra "Aquí nunca pasa nada", un proxecto da compañía Teatro Sin Papeles, dirixida por Moisés Mato e interpretado por Luisa Anaya e Olga Compte. A entrada é de balde e libre ata completar aforo.

Compartir: