Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 26 de febreiro

Nota: enviarase nota cos asuntos da Xunta de Goberno local.

10.15 h
No recinto feiral de Amio, o concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, visita o Parque de Educación Viaria instalado pola Policía Local.

11.00 h
Na Alameda, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na inauguración da exposición ‘Un ano de voz’, organizada por La Voz de Galicia.

12.00 h
Na Praza do Obradoiro, minuto de silencio polas persoas falecidas e afectadas polo incendio de Valencia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Míriam Louzao, para presentar as bases do XVII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados. Na rolda tamén estará a gañadora da primeira edición, Natalia Colombo, e Manuela Rodríguez, en representación de Kalandraka.

12.30 h
No Parque das Ciencias (San Roque), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no acto de homenaxe a Manuel Colmeiro y Penido, nomeado científico galego do ano 2023 pola RAGC.

Compartir: