Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 23 de febreiro

11.00 h
Na praza de Vigo, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no acto de homenaxe a Rosalía de Castro (Ofrenda, Alborada cos Carapaus e recitado de poemas rosalianos a cargo de alumnado dos colexios Quiroga Palacios e Cluny. Intervencións das autoridades).
A continuación (12.00 h), no Hostal dos Reis Católicos, participa no acto institucional (Ofrenda na pía bautismal onde se bautizou Rosalía en 1837, lectura de poemas e música cos Carapaus, os alumnos da Escola de Música Estela Pereira e Lucas Lugo, e FAIA). Organizados pola Fundación Rosalía de Castro.

16.45 h
Na praza de Mazarelos, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na inauguración do VI Festival Rosalía.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto ‘Dende os cantares galegos’ da Banda Municipal de Música de Santiago, en colaboración co Coro Cardenal Quiroga e a Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela. Este concerto-homenaxe a Rosalía de Castro dirixido por David Fiuza contará coas actuacións da soprano Laura Brasó e o tenor Álvaro Miguélez, baixo a dirección vocal de José Luis Vázquez. Acceso de balde previa retirada de convite.

20.30 h
No Teatro Principal, Os Náufragos Teatro presentan Noso. Ao remate da obra, haberá #posfunción co equipo do espectáculo.

VI Festival Rosalía
Dende as 17 horas na praza de Mazarelos, VI Festival Rosalía. O Concello de Santiago colabora un ano máis coa Deputación da Coruña na organización deste evento que chega en 2024 á súa sexta edición baixo o lema 'Un grande atrevemento'. O programa inclúe concertos, obradoiros, pasarrúas, unha feira de produtos con 'marca Rosalía', contacontos, un espectáculo teatral... Todas as actividades son de balde até completar a capacidade.
17.30 h
A Trastenda dos Contos: Somos ríos, somos fontes, somos regatos pequenos - contacontos familiar
19.00 h Dúo Vaguedades. Espectáculo teatral con Isabel Risco e Fran Rei.
20.30 h INDÓCILES. Luísa Villalta a escena. Un proxecto multidisciplinar de Luisa Villalta, con Vero Rilo, Mónica de Nut e Nuria Vil.

Compartir: