Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 2 de febreiro

11.00 h
No CIFP Compostela, a concelleira de Educación, Míriam Louzao, asiste á XI Mostra de Entroido de Lamas de Abade.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Festas, Pilar Lueiro, para presentar o programa do Entroido 2024.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

20.30 h
No Teatro Principal, representación de 'As alumnas', de Culturactiva Producións. Fina Calleja dirixe esta peza con texto de Paula Carballeira e coas interpretacións de Anabell Gago e Mónica Camaño. Ao remate do pase, o público poderá asistir á #posfunción co equipo responsable da obra. O espectáculo inscríbese na Rede Galega de Teatros e Auditorios.

20.45 h
No Hotel Monumento San Francisco, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á gala de entrega dos Premios Empresarias Galicia 2023.

Compartir: