Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 17 de febreiro

20.00 h
No Teatro Principal, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á gala de entrega de premios Youtubeiras 2023.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, LaZona e Compañía Nacional de Teatro Clásico presentan La vida es sueño. O espectáculo, inscrito no programa PLATEA do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM) forma parte do foco ‘A voltas cos clásicos’ de Compostela Cultura.

ENTROIDO 2024

12 h Desfile das xeneraliñas da Semente
Saída de Santa Clara (nº 21) e percorrido pola rúa San Roque, rúa da Algalia de Arriba e praza de Cervantes.
12.30 h Praza de Cervantes
Vivas e atranques

18 h Unha comedia de Entroido!
Show de teatro improvisado da compañía Unha Comedia Imprevista.
Centro Sociocultural do Romaño
Público familiar. Entrada gratuíta ata completar a capacidade

18 a 19.30 h Entroidos rurais de Compostela
G B M T Brincadeira
Rúa do Home Santo, rúa da Cruz de San Pedro, praza do Oito de Marzo, praza de Salvador Parga, praza de Santo Agostiño, praza de Cervantes, praza da Quintana, praza das Praterías e praza do Toural.

Entroido de Conxo
Exposición sobre o Entroido de Conxo
Photocall de entroido con grafite de Osiris Rey
12 h Vivas dos Xenerais da Ulla e desfile da comparsa Os Conformistas de Conxo e O Carro de Conxo
Itinerario: praza da Mercé, avenida de Ferrol, avenida de Vilagarcía, rúa de García Prieto, rúa de Sánchez Freire e Campo de Conxo
13 h Sesión vermú no Campo de Conxo con Brassica Rapa.
13 h Atranque dos Xenerais da Ulla na praza do Cruceiro Vello.
15 h Xantar popular na praza. Capacidade limitada. Trae o teu xantar! Reserva a túa mesa previamente no CSC de Conxo ou chamando ao 981528740
Haberá polbeira, fiolleira, posto de cocido e cantina da Comisión das Festas Patronais de Conxo.
16.30 h Atranque das Xeneraliñas da Semente.
17 h Concurso de orellas e filloas (inscrición previa) e xogo da piñata (aberto para a rapazada entre 5 e 11 anos)
18 h A SEC Gala. Desfile de disfraces de sombreiros. Premios aos mellores sombreiros de entroido (individual, parella e grupo)
19 h Foliada de entroido de música tradicional coa Asociación de Música Tradicional de Conxo e Os Valentes de Conxo. Trae o teu instrumento!
20 h Queima do Meco.
Súmate á Comparsa do Carro de Conxo! Este ano os sombreiros irán engalanados ao redor da temática da MÚSICA. Crea o teu sombreiro! Despois podes vir correr o entroido coa Comparsa do Carro de Conxo e levar premio polo teu sombreiro na SEC Gala.

Organizan: Coordinadora das Festas Tradicionais de Conxo e Os Conformistas de Conxo.
Todas as actividades son abertas e para todos os públicos salvo aquelas nas que se indica rango de idade e necesidade de inscrición previa.

Compartir: