Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 15 de febreiro

13.15 h
En ArteSana Gastrobar (Avda. Ferrol, 9), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na inauguración da XV edición de Santiago(é)tapas.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Baldur Brönnimann dirixe a Real Filharmonía de Galicia no concerto ‘Dende o Inefable’. Kari Kriikku será clarinete solista neste recital con participación do alumnado da EAEM que forma parte do Programa de Abono Auditorio de Galicia-RFG. Antes do concerto, ás 19.45 horas, Conversando con… Baldur Brönnimann na sala Mozart.

20.30 h
No Teatro Principal, Natalia Outeiro ‘Pajarito’ presenta Isolada, unha peza circense para público adulto. Ao remate da obra, haberá #posfunción co equipo do espectáculo.

ENTROIDO 2024

17.30 a 18.30 h Obradoiro de chapeus de Xeneraliñas da Ulla
Idades recomendadas de 5 a 11 anos
Centro Sociocultural de Santa Marta.
Inscrición previa no propio Centro Sociocultural

18 a 19 h Obradoiro de coplas de entroido
Idades recomendadas de 5 a 11 anos
Centro Sociocultural de Vite
Inscrición no propio Centro Sociocultural

Compartir: