Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 12 de febreiro

Nota: enviarase información da Xunta de Goberno local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, para presentar o programa de formación en Marketing Dixital e Cooperativismo que se vai desenvolver en colaboración coa Fundación Paideia. Na rolda participarán Fabiola Seoane e Juan Soriano, do equipo de proxectos de emprego da Fundación.

ENTROIDO 2024

18 h Mascarada Tour
Nauta Teatro e Títeres Alakrán.
Rúa Nova, praza do Toural, praza de Mazarelos, praza de Cervantes, praza da Quintana e praza das Praterías.

De 18 a 20 h Charanga Santa Compaña e Armatroulas de Laraño
Praza Roxa, rúa da República do Salvador, rúa do Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Senra, rúa do Franco, praza de Fonseca, praza das Praterías, rúa do Vilar, praza do Toural, rúa das Orfas, rúa do Preguntoiro, praza de Cervantes, rúa das Casas Reais e rúa de San Pedro.

18 h Charanga Os Bandiños e comparsa de Maruxas e Coralias
Praza de Salvador Parga, rúa das Casas Reais, rúa da Algalia de arriba, rúa de San Roque, rúa de Santa Clara, rúa do Espírito Santo, rúa de Santa Clara, rúa dos Loureiros, rúa da Porta da Pena, rúa da Troia e praza de Cervantes.

Compartir: