Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o domingo 11 de febreiro

18.00 h
Na Sala Capitol, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na entrega de premios do festival infantil de disfraces do Entroido.

ENTROIDO 2024

De 10.30 h a 14 h animación de rúa a cargo da comparsa Os Conformistas de Conxo co seguinte percorrido:
Centro de Maiores de Conxo, Sanatorio Psiquiátrico de Conxo, avenida de Sánchez Freire, rúa de García Prieto, rúa de Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, rúa da República do Salvador, rúa do Xeneral Pardiñas, Alameda, praza do Toural, rúa Nova, praza das Praterías, rúa do Vilar, rúa do Franco e rúa da Raíña.

13 a 14 h Batucada
Bloco da escola de Latexo
Praza das Praterías, rúa do Vilar, rúa da Porta Faxeira, rúa da Senra, rúa da Carreira do Conde, rúa da Rapa da Folla, rúa de Santo Domingo de la Calzada e praza Roxa.

17 h FESTIVAL INFANTIL DE DISFRACES.
Animación a cargo de A Run Run: Museo Entroido
Sala Capitol. Entrada libre (participantes ata 14 anos)
(Inscricións para o concurso de 16.30 a 17.45 h)
18 h Animación, baile, sorteo de agasallos, concurso de disfraces e premios

18 a 20 h Charanga Tíralle do Aire e comparsa A Ruliña de Laraño
Rúa da Carreira do Conde, rúa dos Bautizados, praza do Toural, rúa do Vilar, rúa da Raíña, praza de Fonseca, praza das Praterías, praza da Quintana, rúa Nova, rúa das Orfas, praza de Mazarelos, praza de Feixó, rúa de San Paio de Antealtares, praza de Cervantes e praza do 8 de marzo.

XENERAIS DA ULLA EN SANTIAGO
19 h O Eixo
Carballeira do Souto – Santa Lucía
GPS: 42º 50´52.74" / 8º 31´25.36"

Compartir: