Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 8 de febreiro

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Tanxarina presenta ‘A cazola de Lola’, dentro do Programa Didáctico de Compostela Cultura.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Festas, Sindo Guinarte, e de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, para presentar a programación do Entroido.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a terceira edición de campaña ‘Compostela Somos Cultura’. Na rolda tamén estará Xacobe Martínez Antelo, director artístico da campaña. "Compostela Somos Cultura" é unha campaña promovida polos departamentos de Promoción Económica de Acción Cultural que busca promocionar e impulsar a riqueza do tecido cultural e creativo de Compostela, así como promocionar o consumo de cultura local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Marta Lois sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

Compartir: