Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 29 de xullo

10.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de presentación en Galicia do Plan Turístico Nacional Xacobeo 2021-2022.

10.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación das actas das Sesión Ordinarias do día 30 de xuño de 2021 e a Sesión Extraordinaria de 30 de xuño de 2021 (núms. 11 e 12).
2.- Aprobación definitiva do Estudo de Detalle para a mellora da accesibilidade e as condicións xerais nas edificacións do grupo de vivendas Diego Xelmírez. Santa Marta de Arriba, números 25 a 33.
3.- Aprobación definitiva do Estudo de Detalle da parcela EQ-2 do parque empresarial da Sionlla.
4.- Solicitude de inicio de avaliación ambiental da Modificación puntual do PXOM no ámbito do PERI-12. Antigo Colexio Manuel Peleteiro.
5.- Proposta da Concelleira delegada de facenda, persoal e contratación de recoñecemento extraxudicial e aprobación de créditos devindicados en exercicios pechados, por importe total de 125.488,31 euros.
6.- Modificación acordo establecemento réxime fiscalización e intervención limitada previa de requisitos básicos sobre gastos e obrigacións no exercicio da Función Interventora.
7.- Determinación de festivos locais para o ano 2022.
8.- Proposición do Grupo Municipal do BNG para a realización das obras comprometidas para a humanización da zona do Restollal, no Castiñeiriño.
9.- Proposición conxunta dos Grupos Municipais do Partido Popular, Compostela Aberta e Bloque Nacionalista Galego para a constitución dunha comisión de estudo que avalíe e supervise a tramitación de creación dun polo de innovación tecnolóxica na Sionlla.
10.- Proposición do Grupo Municipal de Compostela Aberta sobre as melloras e revisións necesarias da mobilidade por causa das obras do Camiño Francés no Barrio de San Pedro.
11.- Proposición do Grupo Municipal do Partido Popular para o estudo das posibilidades de incorporar á recualificación da parcela do antigo colexio Peleteiro dunha maior utilidade pública.
12.- Dar conta de resolucións de Alcaldía, das Concellarías Delegadas e Actas de Xunta de Goberno Local.
12.- Comparecencia do Concelleiro Delegado de Mobilidade, Seguridade e Festas.
13.- Rogos, preguntas e interpelacións.
Rogos:
1.- Rogo do grupo Municipal do BNG para impulsar o saneamento e abastecemento para que poidan instalarse novos estabelecementos no rural.
2.- Rogo do Grupo Municipal do BNG para pintar pasos de peóns no polígono de Costa Vella que unan os locais comerciais.
3.- Rogo do Grupo Municipal do BNG para a recuperación, dignificación e divulgación do Panteón Real da Catedral de Santiago de Compostela.
4.- Rogo do Grupo Municipal de Compostela Aberta para implementar varias melloras na integración da Estación Intermodal no Barrio de Pontepedriña.
5.- Rogo do Grupo Municipal do Partido Popular para a instalación dunha Rede e reorientar a iluminación na pista polideportiva do Carregal, no Eixo.
6.- Rogo do Grupo Municipal de Compostela Aberta para a diminución das listas de agarda do servizo de axuda no fogar.
7.- Rogo do Grupo Municipal de Compostela Aberta para que o Concello de Santiago cumpra coa normativa vixente para a instalación de cámaras de vixiancia dentro do ámbito do Plan Especial da Cidade Histórica.
8.- Rogo do Grupo Municipal do Partido Popular para a reparación ou reposición de catro lousas na beirarrúa da Rúa Doutor Teixeiro.
Preguntas resposta oral:
1.- Pregunta do Grupo Municipal de Compostela Aberta sobre a execución do tramo da vía verde Santiago-Cerceda correspondente ao termo municipal de Santiago.
2.- Pregunta do Grupo Municipal de Compostela Aberta sobre a necesidade de habilitar unha zona de verde de estacionamento para a veciñanza das rúas dos Pintores Lino Villafínez e Modesto Brocos.
3.- Pregunta do Grupo Municipal do BNG ao Goberno Municipal encol ao Imposto de Plusvalías / IITNU.
4.- Pregunta do Grupo Municipal do BNG encol as axudas de apoio a actividades culturais.
5.- Pregunta do Grupo Municipal do BNG encol a licenza para encher de residuos o oco da canteira de Fecha vaia adiante, co fin de evitar un novo vertedoiro.
6.- Pregunta do Grupo Municipal do Partido Popular sobre o servizo de mantemento do cemiterio de Boisaca.
7.- Pregunta do Grupo Municipal de Compostela Aberta para que o Goberno Municipal informe das súas intencións ao respecto de varios servizos de limpeza e conserxarías que actualmente ten en precario e sen contrato.
8.- Pregunta do Grupo Municipal do Partido Popular sobre a nova licitación do servizo das escolas infantís de Conxo e Fontiñas.
9.- Pregunta do Grupo Municipal do Partido Popular sobre a realización de consultas preliminares ao mercado e o acceso ao expediente de licitación do servizo de transporte urbano colectivo.
Preguntas resposta escrita:
1.- Pregunta do Grupo Municipal do BNG encol da apertura de procedemento do proxecto de novos aseos públicos na Avenida de Raxoi.
2.- Pregunta do Grupo Municipal do BNG referente á reforma do regulamento de Persoas Maiores para incorporar representantes de organizacións sindicais.
3.- Pregunta do Grupo Municipal do BNG de se ten previsto o Goberno Local ampliar o bonobús de balde ou a prezo superreducido para persoas desempregadas de longa duración.
14.- Mocións.
1.- Moción do Grupo Municipal de Compostela Aberta para o coidado e protección dos parrulos do Auditorio e da Alameda de Santiago.
2. - Moción do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE instando ao Pleno da Corporación a declarar o Concello de Santiago de Compostela como zona de liberdade para as persoas LGTBIQ.
3.- Moción do Grupo Municipal do BNG para permitir a continuidade en centros de educación especial a alumnado maior de 21 anos.
4.- Moción do Grupo Municipal do BNG para habilitar novos parques de cans ceibos e retomar a campaña de concienciación sobre bos hábitos e convivencia con mascotas.
5.- Moción do Grupo Municipal do BNG para a organización dos comedores, en diálogo coas ANPA, para o próximo Curso Escolar.
6.- Moción do Grupo Municipal do BNG para habilitar unha instalación externa adecuada na praza do Irmán Gómez que facilite a labor da cociña económica.
7.- Moción do Grupo Municipal de Compostela Aberta para mellorar a a seguridade viaria na estrada DP0701 de Santiago ata Portomouro.
8.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular sobre a convocatoria dunha praza de Xornalista.
9.- Moción do Grupo Municipal de Compostela Aberta para a posta en marcha dunha campaña de difusión e promoción para dar a coñecer as prestacións sociais ás que pode acceder a veciñanza de Santiago.
NOTA: retransmitirse por streaming a través da páxina web municipal.

De 17 a 20 h
Na Sala de Exposicións do Auditorio de Galicia, CoLAB ‘Disposofonias' con Henrique Fernandes, Gustavo Costa e Rodrigo Araya, dentro da programación de ‘Colapsoloxías’.

20.30 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, concerto con Accident du Travail, dentro da programación de ‘Colapsoloxías’.

Compartir: