Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 27 de xullo

10.00 h
No Consorcio, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e da xerente do Consorcio, Belén Hernández, para dar conta da Proposta estratéxica plurianual do Consorcio de Santiago para o período 2021-2027-2032 `Camiño de Compostela 2032’. (Presencial)

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e da xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, para facer unha valoración da evolución turística dende o levantamento do segundo Estado de Alarma e as previsións para os vindeiros meses.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Políticas Lingüísticas, Rubén Prol, para presentar as actividades "Contos no parque" e "Territorio Xogantín".
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
No Salón amarelo, recepción ao embaixador de Xapón en España, D. Hiramatsu Kenji.

14.15 h
No Salón nobre, recepción aos membros da directiva da Asociación do Traxe Galego.

De 17 a 20 h
Na Sala de Exposicións do Auditorio de Galicia, CoLAB ‘Disposofonias' con Henrique Fernandes, Gustavo Costa e Rodrigo Araya, dentro da programación de ‘Colapsoloxías’.

20.30 h
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, Escoitas Circulares con Sonoscopia, dentro da programación de ‘Colapsoloxías’.

Festas do Apóstolo 2021
10.30 h
Alboradas a cargo da Asociación Cultural Pana Raiada

DÍA DO TRAXE GALEGO
11.30 h Concentración de participantes en dous puntos: Alameda e praza de Cervantes. Percorrido por distintas rúas da Cidade Histórica ata a Igrexa de San Paio de Antealtares.
13 h Misa en San Paio de Antealtares
14.15 h Recepción no Concello
16 h Concentración de participantes no certame de traxes en San Domingos de Bonaval
19.30 h Desfile de traxes tradicionais dende Bonaval ata a praza da Quintana
20 h Exhibición, concurso de traxes e entrega de diplomas na praza da Quintana

18 h
Teatro
Mirari Urruzola "Feira das sementes"
Duración: 45 minutos
Idade recomendada: + 4 anos
Parque da Alameda

19 h
Cinema no parque: Volando juntos
Xénero: ficción (2019)
Idioma: castelán. 113 minutos
Todos os públicos, especialmente recomendada para a infancia
Parque Eugenio Granell

21 h
Concerto: Néboa
Parque de Galeras

22 h
Cinema no parque: Dorothè na vila
Xénero: documental (2020)
Idioma: galego. 85 minutos
Todos os públicos
Parque Eugenio Granell

22 h
Monólogo: Eva Soriano
Praza da Quintana

22.30 h
Concerto: Rubens Consort
Praza de Mazarelos

Compartir: