Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 26 de xullo

NOTA: enviarase nota de prensa dos asuntos da Xunta de Goberno local.

9.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asina os convenios de colaboración coas entidades Cáritas Diocesana, Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home, ASPAS, Cociña Económica e Albergue Xoán XXIII.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar o V Memorial Antonio Bermúdez. Na rolda tamén estarán o presidente da SD Compostela, Antonio Quinteiro; un representante do CD Lugo; e o xornalista Toño Bermúdez.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na Delegación do Goberno, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de presentación das bonificacións da autopista AP-9 por parte da ministra Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muiños, para presentar o TradFest, dentro das Festas do Apóstolo.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

De 17 a 20 h
Na Sala de Exposicións do Auditorio de Galicia, CoLAB ‘Disposofonias' con Henrique Fernandes, Gustavo Costa e Rodrigo Araya, dentro da programación de ‘Colapsoloxías’.

17.00 h
No Salón amarelo, recepción ao embaixador de Italia en España, D. Riccardo Guariglia.

Festas do Apóstolo 2021
10.30 h
Alboradas a cargo da Asociación Cultural
Brañas de Andrés

18 h
Circo
Natalia Outeiro ‘Pajarito’ "Isolada"
Duración: 50 minutos
Idade recomendada: + 7 anos
Parque da Alameda

19 h
Cinema no parque: Bruxerías
Xénero: animación (2012)
Idioma: galego. 80 minutos
Todos os públicos. Especialmente recomendada para a infancia
Parque Eugenio Granell

21 h
Concerto
Momboi
Parque de Galeras

Compartir: