Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 20 de xullo

De 10 a 14 e de 16 a 20 h
Na Sala de Exposicións do Auditorio de Galicia, CoLAB ‘Barullos Interespecies’ con Paula Pin, dentro da programación de ‘Colapsoloxías’.

De 11.00 h a 14.00 h
Na Carballeira do Banquete de Conxo, sesión de simultáneas para rapazada dos 5 aos 16 anos con Fernando Sánchez Aller, catro veces campión absoluto galego. Actividade organizada polo CSC de Conxo e o Club de Xadrez de Conxo.

12.00 h
Na Alameda (entrada do paseo dos Leóns), os concelleiros de Igualdade, Mercedes Rosón; Festas, Gonzalo Muiños; e Turismo, Sindo Guinarte, presentan os puntos lila de información e atención sobre as violencias machistas que estarán instalados durante as festas do Apóstolo.

17.00 h
Con saída do CEIP Raíña Fabiola, roteiro ‘Cando o río soa’ con Irene López Franco, do Centro de Interpretación de Parques e Xardíns, dentro da programación de ‘Colapsoloxías’.

20.30 h
Na Sala de Exposicións do Auditorio de Galicia, Escoitas Circulares con Les Niñes de la Cerca e Ediciones Capablanca, dentro da programación de ‘Colapsoloxías’.

21.30 h
Na praza do Obradoiro, pregón das Festas do Apóstolo a cargo de Cantigas e Agarimos. NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal. Prégase aos gráficos que vaian cubrir este evento que estean na porta do Concello ás 21.15 h

Festas do Apóstolo 2021
21.30 h
Pregón
Agrupación Folclórica
Cantigas e Agarimos
Praza do Obradoiro

22 h
Monólogos "Sen Restricións"
Ledicia Sola
Carmen Méndez
Marta Doviro

Compartir: