Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 19 de xullo

De 10 a 14 e de 16 a 20 h
Na Sala de Exposicións do Auditorio de Galicia, CoLAB ‘Barullos Interespecies’ con Paula Pin, dentro da programación de ‘Colapsoloxías’.

9.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese con representantes da Plataforma de Imaxe Persoal Crer en Nós.

11.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asina os convenios de colaboración coas asociacións de comerciantes Santiago Centro, Compostela Monumental e Punto Compostela para o "desenvolvemento dun programa de reactivación das compras mediante a entrega de bonos de aparcadoiro no marco do PRESS (Plan de Reactivación Económica e Social de Santiago).

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar Delas Fest.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de xura da XXXV Promoción de Escala Básica da Policía Nacional.

Compartir: