Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 1 de xullo

11.00 h
Na Alameda (paseo central), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, visitan a exposición conmemorativa do 25 aniversario de Protección Civil.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para presentar "Sabor a artesanía", que se desenvolverá no Pazo de San Lourenzo os días 3 e 4 de xullo. Na rolda tamén estarán Mónica Mejías, directora do evento, e a xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro.
NOTA: retransmitirase vía streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, para presentar Colapsoloxías, residencia que levará a cabo Colpaso Colectivo no Auditorio de Galicia, do 1 de xullo ao 15 de agosto. Na rolda participan tamén Xoán Xil, Pablo Iglesias e Lorena Durán, integrantes do Colectivo.
NOTA: retransmitirase vía streaming a través da páxina web municipal.

19.30 h
Na Praza das Praterías, concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Rafael Agulló, David Fiuza e Antonio Lajara, dentro do proceso de proba para seleccionar director da Banda.

Compartir: