Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 7 de maio

11.00 h
Diante do convento de San Domingos de Bonaval, Goretti Sanmartín, portavoz municipal do BNG, e Mercedes Queixas, deputada parlamentar do BNG, fan declaracións para anunciar iniciativas que trasladarán ao Pleno e ao Parlamento galego.

11.30 h
No salón amarelo, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o alcalde de Vilargarcía, Alberto Varela, asinan un protocolo de colaboración para a promoción turística conxunta. A continuación, sinatura do protocolo de colaboración coa representante da Mancomunidade do Salnés, Marta Giráldez, para a promoción e difusión das iniciativas "Orixe de todos os camiños" e "Navega o Camiño".
(Enviarase nota e audio).

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

20.30 h
No Teatro Principal, ButacaZero presenta ‘32m2’ dentro de ‘Viva a escena!’, a programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

Compartir: