Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 6 de maio

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, para presentar a iniciativa ‘As aventuras de Luli’, enmarcada no proxecto EXCORAS (Expresión Corporal e Aprendizaxe-Servizo) que leva a cabo o alumando do terceiro curso do grao en Mestra/e en Educación Infantil da USC, e que se desenvolverá nos centros socioculturais do rural. Na rolda tamén estarán dúas das alumnas promotoras da iniciativa.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA para a presentación da XL Feira do
Libro de Santiago de Compostela. Asistentes:
- Gumersindo Guinarte Cabada, oncelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo.
- Anxo Lorenzo Suárez, director xeral de Políticas Culturais.
- Ramón Domínguez López, presidente da Federación de Libreiros de Galicia.

NOTA: as roldas retransmitiranse por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santigo, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o novo xerente do Centro Comercial As Cancelas, Javier Nicolás Blanco.

19.30 h
Na Igrexa da Universidade, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición "Corpos Presentes. Colección de Arte Fundación María José Jove".

Compartir: