Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 31 de maio

NOTA: enviarase nota de prensa cos acordos da Xunta de Goberno local.

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do día 29 de abril do corrente ano.
2.- Declaración de interese xeral municipal do proxecto "Centro de servizos innovadores para empresas biotecnolóxicas (CSIEB) promovido por Sionlla Biotech, SL."
3.- Aprobación do réxime de fiscalización de ingresos e de fiscalización e intervención limitada previa sobre gastos e obrigas para o exercicio da función interventora.
4.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para aplicar as bonificacións do servizo de recollida de resíduos.
5.- Proposición presentada polo grupo municipal do Partido Popular sobre a construción da senda peonil para conectar a AC-543 en Vidán con Paredes de Laraño.
6.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para que a solución para parcela do vello colexio Peleteiro sexa consensuada co tecido social do Ensanche.
7.- Proposición presentada polo grupo municipal do Partido Popular para a creación do borrador tributario da cidadanía e o pagamento a prazos dos tributos.
8.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para o acondicionamento do parque Carlomagno con novos percorridos que permitan un mellor aproveitamento desta zona verde.
9.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para garantir o compromiso coa reindustrialización de Santiago e o proxecto do polo de innovación de biotecnoloxía na Sionlla.
10.- Dar conta de resolucións da alcaldía de delegación de funcións.
11.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
12.- Rogos, preguntas e interpelacións.
Interpelación:
1.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre o desmantelamento do servizo de conciliación.
Rogos:
1.- Presentado polo grupo municipal de CA sobre o centro xove da Almáciga.
2.- Presentado polo grupo municipal de CA para o arranxo da pista da Pontecova.
3.- Presentado polo grupo municipal do BNG mellora seguranza viaria na Almáciga.
4.- Presentado polo grupo municipal do BNG para instalar placas de lembranza vítimas represión franquista.
5.- Presentado polo grupo municipal de CA sobre a rúa Pablo Leis.
6.- Presentado polo grupo municipal do PP sobre parque infantil en Pontepedriña.
7.- Presentado polo grupo municipal do PP sobre aglomeracións actos do concello.
8.- Presentado polo grupo municipal do PP mellora da rúa de San Clemente.
Preguntas resposta oral:
1.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre o servizo de asesoramento, orientación laboral e apoio LGBTI.
2.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre a seguridade vial do parque infantil en Mestra Victoria Miguez.
3.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre a cafetería do aeroporto.
4.- Presentada polo grupo municipal do BNG apertura do Panteón de Galegos Ilustres.
5.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre a policía de barrio.
6.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre o parque de Angrois.
7.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre beirarrúa no Polígono do Tambre.
8.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre centros socioculturais.
9.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre a escola de música.
Preguntas resposta escrita:
1.- Presentada polo grupo municipal do PP, sobre títulos, honras e condecoracións.
2.- Presentada polo grupo municipal do PP, asistencia a competicións deportivas.
3.- Presentada polo grupo municipal de CA, sobre listas de agarda axuda no fogar.
4.- Presentada polo grupo municipal do PP, sobre adscrición de vehículo á concesionaria do servizo de limpeza.
5.- Presentada polo grupo municipal do PP, sobre licenzas.
6.- Presentada polo grupo municipal do BNG, sobre instalación de paneis.
13.- Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1.- Presentada por CA para a creación dunha escola para persoas maiores na rede de centros socioculturais.
2.- Presentada por CA para garantir o uso compartido do edificio multiusos de Lavacolla entre a veciñanza da parroquia e a Comunidade educativa do CEIP Rodríguez Xixirei.
3.- Presentada polo BNG para activar o protocolo de protección contra as violencias de xénero e evitar a revitimización.
4.- Presentada polo BNG sobre as peaxes nas autovías galegas.
5.- Presentada polo BNG en defensa dun modelo de enerxía eólica sustentábel, xusto e galego fronte ao espolio e a depredación.
6.- Presentada por CA para a readaptación e execución do proxecto da cidade da raqueta.
7.- Presentada polo BNG para participar no proxecto solidario de vacinación contra a COVID en Cuba.
8.- Presentada polo PP para a adopción de medidas urxentes de protección e difusión do patrimonio rupestre.
9.- Presentada por CA para impulsar unha nova estratexia turística POS-COVID para Santiago de Compostela.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: