Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 28 de maio

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Rubén Prol, para presentar o espectáculo Desconcerto.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para presentar a campaña de dinamización comercial Eu merco aquí-Prima21.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

13.15 h
A portavoz municipal do BNG en Santiago, Goretti Sanmartín, e o portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, fan declaracións para presentar as iniciativas que trasladarán ao Pleno do Concello e do Congreso para evitar o cobro de peaxes nas autovías. Os medios gráficos poderán coller imaxes.
Punto de encontro: entrada á autovía A-54 Santiago - Lugo, no acceso ao polígono empresarial
https://www.google.com/maps/@42.8988215,-8.5093206,3a,75y,51.05h,72.71t/data=!3m6!1e1!3m4!1sSH7Kz_MpEdRGI0i2EV3oCw!2e0!7i16384!8i8192

19.00 h
Na Alameda (paseo da Ferradura), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita as actividades organizadas polo Concello con motivo do Día internacional do dereito ao xogo. Ás 20.30 h, lectura do manifesto.

Compartir: