Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 26 de maio

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro Gonzalo Muíños, para presentar a sétima edición do Salón de Vehículos de Ocasión VO, que se celebra no Recinto feiral de Amio do 27 ao 30 de maio. Na rolda tamén estará Fabián Saavedra, de Dolecer Eventos, o organizador da feira.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; de Xosé Luís Penas, deputado provincial da Deputación da Coruña; de Mar Lorenzo, vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da USC; e de Santiago Olmo, director do CGAC, para presentar as Xornadas de Música Contemporánea.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Obras, Javier Fernández, para facer balance das actuacións realizadas nas beirarrúas da cidade e unha previsión dos traballos previstos para 2021.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta María Rozas sobre asuntos de carácter local.

NOTA: as roldas retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

20.00 h
Na Praza do Obradoiro, 'Desfile entre tiempos’, performance de inauguración de PLATAFORMA, Festival das Artes Performativas, con Amaya González Reyes e a Banda Municipa de Música de Santiago.

Compartir: