Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 21 de maio

9.15 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa de forma telemática na Comisión executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coas asociacións de comerciantes da cidade.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín e Navia Rivas, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

18.00 h
No CSC do Castiñeiriño, conferencia "Coñezamos a vespa asiática (Vespa velutina). É perigosa para a saúde?", impartida por Xesús Feás, científico e experto en apicultura, dentro da programación dos centros socioculturais con motivo do "Día mundial das abellas". Aforo limitado.

20.30 h
No Teatro Principal, Malasombra presenta ‘Bernarda’ de José Prieto, dentro de ‘Viva a escena!’, o programa de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

Compartir: