Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 18 de maio

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e da xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, para presentar a participación de Turismo de Santiago en Fitur.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

18:30 h. No marco do Día das Letras Galegas, roteiro homenaxe a Xela Arias, organizado pola Escola Municipal de Música de Santiago. Consta dun paseo polo parque de Vista Alegre (Finca Simeón), con varias paradas, nas que se sucederán diferentes actuacións musicais que acompañarán o recitado de poemas da escritora. Asiste o concelleiro de Educación, Rubén Prol. O roteiro repetirase ás 18:45 h. e ás 19:00 h.
Punto de encontro. No acceso ao Parque de Vista Alegre desde a Rúa Pelamios.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Vencerse é cousa de se tratar’, concerto homenaxe a Xela Arias, con motivo do Día das Letras Galegas 2021. Unha peza escénica de Fernando Abreu con Mónica de Nut, Pablo Carrera e Roi Fernández.

Compartir: