Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 14 de maio

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
Na Zona C. Punto de Información Cultural (Preguntoiro, nº 1), a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, presentan este novo espazo do departamento, así como as actividades que a concellaría celebra polo Día das Letras Galegas 2021.
NOTA: Haberá un breve paseo polo edificio.

FESTAS DA ASCENSIÓN 2021
10 h - 12 h Alboradas a cargo da Asociación Cultural a Gentalha do Pichel e Armadanzas de Laraño.

18 h Paseo guiado: Emilia Pardo Bazán e Estela. Percorrido por espazos da cidade relacionados coa vida e obra de Emilia Pardo Bazán, como homenaxe polo centenario do seu pasamento.
Punto de saída: Rúa do Campiño de San Francisco (na entrada ao Cemiterio do
Convento de San Francisco.
Inscrición obrigatoria no correo electrónico paseos.compostela@maos.gal

18 h Espectáculo infantil familiar : A Gran Viaxe
Inventi Teatro
Alameda
Entrada: Retirada previa de convite no despacho de billetes do Teatro Principal, desde o día 10 ata o 14 de maio de 16 h – 20 h

20 h CONCERTO DE VACAS
Praza do Obradoiro
Entrada: Retirada previa de convite no despacho de billetes do Teatro Principal, desde o día 4 ata o 8 de maio e do 10 ao 14 de maio, de 16 h – 20 h

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Vania Producciones presenta ‘Principiantes ¿De qué hablamos cuando hablamos de amor?’ dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.
Venda de entradas
Na propia semana do espectáculo desde as 10 h do luns na web www.compostelacultura.gal no despacho de billetes do Teatro principal, aberto de martes a sábado, de 18 a 21 h e no despacho de billetes do Auditorio de Galicia desde 1 hora e media antes do espectáculo.

20.30 h XLIV Torneo da Chave
Alameda, a carón da Escola Infantil de Santa Susana.

Compartir: