Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 13 de maio

12.00 h
Na Coruña (Palacio de María Pita. Salón Real), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa, xunto coas alcaldesas da Coruña, Inés Rey, e de Castellón, Amparo Marco, na ROLDA DE PRENSA de presentación das xornadas "Do horto á cidade", un evento internacional onde se debaterá sobre o futuro da alimentación urbana sostible. Ás 18.00 h, participa na mesa redonda "Cidades EDUSI", coas alcaldesas de Santa Coloma de Gramanet, Nuria Parlón; e de Castellón de la Plana, Amparo Marco; moderada polo concelleiro de Urbanismo da Coruña, Juan Manuel Díaz Villoslada.

FESTAS DA ASCENSIÓN 2021
DÍA DA ASCENSIÓN

10 h – 12 h Alboradas: Asociación Cultural Muiñeiros do Sarela e Brañas de Andrés.

12 h Comparsa de Cabezudos
Praza da Quintana
Non hai percorrido polas rúas. Entrada libre ata completar a capacidade da praza

18 h Paseo guiado: Emilia Pardo Bazán e Estela
Percorrido por espazos da cidade relacionados coa vida e obra de Emilia Pardo Bazán, como homenaxe polo centenario do seu pasamento.
Punto de saída: Rúa do Campiño de San Francisco (na entrada ao Cemiterio do Convento de San Francisco.
Inscrición obrigatoria no correo electrónico paseos.compostela@maos.gal (20 prazas)

18 h Espectáculo infantil familiar Dona Barriga Verde
Larraitz producións artísticas
Alameda

19.30 h CONCERTO BMMSC & Brincadeira "Bailan as picheleiras"
Praza da Quintana
Entrada libre ata completar a capacidade da praza.
Montserrat Rivera, profesora baile
Felisa Segade, profesora canto
Alejandro Sanjiao, profesor gaita
Casiano Mouriño Maquieira, director

20 h CONCERTO ÚNICOS DIAL SANTIAGO
Andrés Suárez
Cepeda
Sidecars
Praza do Obradoiro
Entrada: Retirada previa de convite no despacho de billetes do Teatro Principal, desde o día 4 ata o 8 de maio e do 10 ao 13 de maio, de 16 h – 20 h

20 h Teatro. Crónica dunha heterosexual insatisfeita
Teatro Principal
Entrada: Retirada previa de convite no despacho de billetes do Teatro Principal dende o día 11 de maio de 2021, de martes a sábado en horario de 18 h – 21 h

Compartir: