Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 12 de maio

10.00 h
No Salón Amarelo, visita institucional do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones Conde, e xuntanza co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
Declaracións ao remate.

10.00 h
No Centro Comercial As Cancelas (segundo andar), a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e o concelleiro de Políticas Lingüísticas, Rubén Prol, asisten á presentación do libro "Celi no Camiño de Santiago".

11.00 h
No Centro Sociocultural de Santa Marta, o concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, asiste á inauguración da exposición itinerante "Dona Emilia e Compostela", sobre a escritora Emilia Pardo Bazán.

11.15 h
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, ROLDA DE PRENSA de presentación da gala dos premios Follas Novas do Libro Galego, que se celebrará o 15 de maio de 2021 no Teatro Principal de Santiago.
- Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultura de Santiago de Compostela
- Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña
- Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
- Ramón Domínguez, novo presidente da Federación de Librarías de Galicia
- Henrique Alvarellos, presidente da Asociación Galega de Editoras
- Cesáreo Sánchez, presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

11.45 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, visitan o centro coworking da Cámara de Comercio, no Polígono de Costa Vella.

12.00 h
No IES Rosalía de Castro, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste a inauguración da exposición "Xela Arias, no pouso dos afectos".

13.00 h
Na Praza do Obradoiro, lectura de manifesto polo Día Internacional da Enfermería.

13.15 h
Na praza do Obradoiro, presentación dos vehículos do SEMUS, o Servizo de Emerxencias Sociais, no que participan Concello, Deputación e Cruz Vermella. Asisten:
- Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago
- Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña
- Mila Castro, concelleira de Políticas Sociais
- José Luis Barreiro Conde, presidente da Asemblea Comarcal de Cruz Vermella en Santiago de Compostela, e a coordinadora da mesma entidade, Rocío Ovalle

Compartir: