Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 10 de maio

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, sobre asuntos da súa área.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA, de Goretti Sanmartín, portavoz municipal do BNG, e Noa Presas, deputada parlamentar do BNG, para anunciar iniciativas que trasladarán ao Pleno e ao Parlamento galego.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

17.00 h
Na Casa do Concello, a Asociación Agadea fai entrega ao alcalde da reprodución de tres cabezudos realizados por usuarios nos talleres de laborterapia do programa de Estimulación Cognitiva de AGADEA ALZHEIMER en Santiago de Compostela.

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación Compostelá do Taxi.

Compartir: