Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 30 de marzo

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘Corre, corre, boliña!!’, concerto didáctico da Banda Municipal de Música acompañada de Celso Fernández Sanmartín como narrador. Dentro do Programa Didáctico da concellaría de Acción Cultural.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Cabido (Praza das Praterías), o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, inaugura a exposición "Mirando a cidade. Un paseo pola historia de Compostela", unha iniciativa da Asociación Cultural Fotoforum Compostela, que reúne 61 instantáneas de 58 autores diferentes. Asisten: Fuco Reyes e Belén Castro, comisarios da exposición; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; e Juan Conde, responsable de exposicións do Consorcio.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar unha iniciativa que se encadra no programa "Descarboniza!, que non é pouco". Na rolda tamén estará Miguel Pardellas, do Grupo de investigación de Pedagoxía Social e Educación Ambiental da USC.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar o certame de regueifas Enreguéifate. Na rolda tamén estará o concelleiro de Educación, Manuel Dios, e o promotor de Regueifesta, Manolo Maseda.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira María Rozas para presentar o ciclo "De lugares e órganos", que forma parte da programación para a Semana Santa. Na rolda estarán Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña e Belén Bermejo, directora artística do ciclo.

13.00 h
No Salón Vermello, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, preside o acto de entrega dos premios do III Certame Literario "Relatos de Auga Intelixente", organizado por VIAQUA.

18.00 h
No Salón Vermello, recepción por parte do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, á expedición de técnicos e adestradores xaponeses de fútbol sala.

19.00 h
No Salón Vermello, recepción por parte do alcalde de Santiago, Martiño Noriega Sánchez, aos participantes nas 7ª Xornadas Nacionais de Respiratorio SEMERGEN.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao concerto solidario de Aspanaes.

20.30 h
No Teatro Principal, Teatro Guirigai presenta ‘La especie dominante’. Con texto e dirección de Agustín Iglesias, conta con Magda Gª-Arenal, Cándido Gómez, Mario Benítez e Nuqui Fernández en escena.

Compartir: