Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 24 de marzo

10.30 h
En Vite, o concelleiro do grupo municipal socialista Gonzalo Muíños mantén unha xuntanza cos veciños. Punto de encontro: Escola Infantil de Vite.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar o programa "O vello dos contos".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.15 h
Banquete de Conxo
No Centro Sociocultural de Conxo, intervención teatralizada de Rosalía (Ana Ponte) e Aurelio (Diego Freirre).
Encontro de alumnado do IES Eduardo Pondal coa poeta Helena Salgueiro.

13.15 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o presidente da República de Cabo Verde, Jorge Carlos de Almeida Fonseca.

16.00 h a 20.00 h
No Matadoiro Compostela, primeira sesión do obradoiro "Explorando a sexualidade dos homes".

17.00 h a 18.30 h
No CIAC, charla sobre "A Pegada Hídrica" a cargo de Yago Lorenzo, de Cetaqua, dentro das actividades con motivo do Día Mundial da Auga.

19.00 h
Banquete de Conxo
Na escalinata do pavillón central do Hospital Psiquiátrico de Conxo, a concelleira Concha Fernández asiste ao acto de celebración do Banquete de Conxo:
Presentación do libro Os últimos carballos do Banquete de Conxo, conducida por Henrique Alvarellos.
Conxo. Cantiga de liberdade. Anotacións ao pé do Banquete de Conxo por Xurxo Martínez González.
Acto poético-musical con Helena Salgueiro e Ariel Ninas (zanfona), Lorena Conde, Lara Rozados e Sofía Espiñeira.

20.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción por parte do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, aos estudantes que participan na Quenda Estatal da Olimpiada de Xeografía.

20.30 h
No Teatro Principal, Talía Teatro presenta ‘Ubú Rei’. Dirixida por Roberto Salgueiro e con Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Rubén Prieto, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo en escena.

Compartir: