Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 8 de abril

10.00 h
Na Casa do Concello, recepción a un grupo de estudantes do programa Erasmus do I.E.S. Pontepedriña procedentes de Alemaña.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar a Final Four junior de hockey a patíns; a 1º fase da Categoría Amateur de Patinaxe Artística; e o I Torneo de Fútbol Sala. Na rolda tamén estarán Arturo Pereiro, presidente do Hockey Club Raxoi; Alejandro Villar, presidente do Club Patinaxe Compostela; e Santiago Araújo, presidente do Club Santa Marta.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
No Salón Nobre, lectura de manifesto por parte da Fundación Secretariado Xitano con motivo do Día Internacional do Pobo Xitano.

Compartir: