Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 5 de abril

10.00 h
Pleno ordinario
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes ás seguintes sesións:
- Sesión extraordinaria 15 de febreiro de 2022, acta núm. 4/22.
- Sesión ordinaria do día 24 de febreiro de 2022, acta núm. 5/22.
- Sesión extraordinaria do día 21 de marzo de 2022, acta núm. 6/22.
2.- Aprobar o expediente de suplemento de crédito número 2022-SUPLE-02 por importe de 27.610,05 euros, financiado con baixas por anulación.
3.- Aprobar o expediente de suplemento de crédito número 2022-SUPLE-03 por importe de 266.600,00 euros, financiado con baixas por anulación.
4.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para o fomento do Mercado de Abastos e a correcta implementación da peonalización do ámbito de Mazarelos.
5.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a adopción de medidas de mellora do aparcamento público no marco dunha planificación de mobilidade sustentable.
6.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a formalización dun plan de acción que reduza a extensión e os efectos negativos da contratación menor.
7.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para iniciar o procedemento destinado a recuperar a xestión directa da concesión do Mercado de Gando de Amio que caduca en 2022.
8.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para realizar un plan de dinamización comercial para a Praza de Abastos e medidas para dotar de alternativas de aparcamento.
9.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para impulsar un HUB da sustentabilidade local no Palacete do Espiño.
10.- Corrección de erro en aplicacións orzamentarias do expediente de orzamento municipal do exercicio de 2022.
11.- Dar conta do Plan anual de control financeiro correspondente ao exercicio de 2022 e da Instrución 1/2022 de intervención de delegación de control financeiro permanente e outras na Viceintervención.
12.- Dar conta do informe de intervención sobre procedemento extraordinario de financiación, con cargo ao fondo de participación das entidades locais, fondo de ordenación, para a cancelación de obrigas pendentes de pago. Exercicio 2022.
13.- Dar conta do informe anual de queixas e reclamacións correspondente ao ano 2021.
14.- Dar conta de resolución da alcaldía de delegación de funcións.
15.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
16.- Solicitude do grupo municipal do Partido Popular de comparecencia do concelleiro responsable do proxecto para desenvolver unha plataforma loxística de distribución de mercadorías na cidade histórica.
17.- Rogos, preguntas e interpelacións.
Interpelación:
1.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre a articulación de medidas para contribuír a crear zonas de baixas emisións.
Rogos:
1.- Presentado polo grupo municipal de CA para que se repoña o contenedor de lixo no interior do IES Eduardo Pondal.
2.- Presentado polo grupo municipal do PP para que o goberno local se dirixa ás empresas que provocan colas nas rúas.
3.- Presentado polo grupo municipal do PP para solucionar o encoro da auga nun paso de peóns entre as rúas Galeras e García Sabell.
4.- Presentado polo grupo municipal de CA para que se arranxe a rúa Vagalume.
5.- Presentado polo grupo municipal de CA para actualizar o mapa literario de Compostela.
6.- Presentado polo grupo municipal do BNG para dotar de prazas de aparcadoiro á veciñanza e comerciantes da Avda. Rodríguez de Viguri.
7.- Presentado polo grupo municipal do BNG para convocar os consellos municipais de participación cidadá.
8.- Presentado polo grupo municipal do BNG para arranxar o desnivel do cruzamento da Costa Nova de Abaixo con Xoán XXIII.
9.- Rogo presentado polo grupo municipal do PP para a realización de tres actuacións que afectan á seguridade nos arredores da Igrexa da Barciela.
Preguntas resposta oral:
1.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre a conservación das figuras da senda mitolóxica do Monte Viso.
2.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre as horas extras que se lle debe á policía local.
3.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre as iniciativas postas en marcha polo goberno para o acollemento de refuxiados ucraínos.
4.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre a situación das traballadoras do servizo de axuda no fogar.
5.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre a situación da licitación do contrato de xestión da rede de centros socioculturais.
6.- Presentada polo grupo municipal do BNG en relación á licitación do contrato dos centros socioculturais.
7.- Presentada polo grupo municipal do BNG en relación ás verteduras contaminantes á carballeira de Conxo.
8.- Presentada polo grupo municipal do BNG en relación ao proxecto da EDAR.
9.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre a construción do aparcamento da rúa Triacastela.
Preguntas resposta escrita:
1.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre as prazas de aparcamento da rúa Altiboia.
2.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre as axudas aos concellos para afrontar os diversos obxectivos do PRTR.
3.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre o usos dos recursos habitacionais dos que dispón o concello.
4.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre os contratos que ten subscritos o concello coa empresa Pintos y Salgado avogados dende 2016.
5.- Presentada polo grupo municipal do PP en relación ás persoas ou entidades convidados a cada un dos grupos de impulso e seguimento GIS, no marco da Axenda Urbana 2030.
6.- Presentada polo grupo municipal do BNG en relación a publicación de actuacións feitas na lexislatura.
7.- Presentada polo grupo municipal do BNG en relación ao conflito das xogadoras do Amio.
18.- Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1.- Presentada por CA pola compatibilidade das axudas para actividades culturais municipais cos proxectos marco relacionados cos fondos europeos "Next Generation".
2.- Presentada por CA para o impulso e dimensión social, do desenvolvemento económico e da economía circular aproveitando o nomeamento de Santiago como capital da economía social.
3.- Presentada polo PP para o deseño e implementación dunha estratexia de uso e posta en valor de edificios municipais rehabilitados e en desuso.
4.- Presentada polo PP para a elaboración dun inventario e planificación dos traballos para eliminar atrancos para a mobilidade e accesibilidade en beirarrúas e sendas peonís.
5.- Presentada por CA para que se retome a revisión do Plan Especial da Cidade Histórica e se remate e aplique o Plan de Xestión.
6.- Presentada polo BNG para a difusión das actividades dos centros socioculturais e para descentralizar a oferta cultural en sinerxía co pequeno comercio.
7.- Presentada polo BNG relativa ás actuacións que deben impulsar os gobernos galego e español para mitigar o impacto do crecemento disparado da inflación na sociedade e economía galegas.
8.- Presentada polo BNG para a instalación de paneis de comunicación social.
9.- Presentada polo BNG para demandarlle ao goberno español o apoio a unha solución que garanta o respecto do dereito internacional e as resolucións para o recoñecemento do dereito de autodeterminación do pobo saharauí.
10.- Presentada por CA para que se garanta a transparencia e o acceso á información pública no concello.
11.- Presentada polo PP, CA e BNG para apoiar a candidatura do Dr. Ángel Carracedo e Sir Alec Jeffreys aos premios Princesa de Asturias.

Compartir: