Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 4 de abril

NOTA: enviarase nota de prensa co resumo dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta María Rozas sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
En San Lázaro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á tradicional poxa das Uñas de San Lázaro.

13.00 h
Na Consellería de Medio Ambiente, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. (SÓ GRÁFICOS. Enviarase nota).

19.00 h
No Salón de Actos da Real Sociedade Económica de Amigos do País, presentación do libro "El platero compostelano Ricardo Martínez Costoya (1859-1927). Contexto, vida y obra". Asisten:
- Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde e presidente do Consorcio de Santiago
- Antonio López Díaz, reitor da USC
- Francisco Loimil Garrido, presidente da RSEAPS
- Belén Hernández Lafuente, xerente do Consorcio de Santiago
- Ana Pérez Varela, autora
- Lucila Ventoso Casais, responsable da editora Andavira

Compartir: