Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 25 de abril

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal de Compostela Aberta Branca Novoneyra, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na Oficina de Acollida ao Peregrino (rúa Carretas, 33), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de sinatura dos convenios entre a Xunta e a Catedral para a mellora da atención aos peregrinos e para o apoio e reforzo da seguridade no complexo catedralicio.

11.30 h
No Centro Obra Social de Abanca (praza de Cervantes), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación do I Informe Socioeconómico do Eixo Atlántico. Tamén participan: Roberto Pereira Costa, presidente do Club Financiero de Santiago; Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico; Lara Méndez López, presidenta do Eixo Atlántico; e Fernando González Laxe, experto redactor do informe.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno, Sindo Guinarte, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: