Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 21 de abril

11.00 h
Na Costa de San Francisco, o alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a xerente do Consorcio, Belén Hernández, visitan o Cemiterio da Orde Terceira Franciscana tras os traballos de recuperación desenvolvidos polo ente interadministrativo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira de Compostela Aberta, Marta Lois, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para presentar o programa ‘Impulso dun ecosistema emprendedor na economía social'. Na rolda tamén estarán Ana Olveira, presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop, e Mar Pernas Márquez, responsable de Relacións Institucionais.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.45 h
No IES Rosalía de Castro, o concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, entrega varios agasallos ao alumnado premiado na campaña "Vas Picar? Mocidade libre de apostas". Estará acompañado do educador social, Ramón Molina, de Arela.

20.00 h
No Pazo de Congresos, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asiste á inauguración do XXXVI Congreso Nacional da Sociedade Española de Anestesioloxía, Reanimación e Terapéutica da Dor (SEDAR).

20.30 h
No Teatro Principal, Iria Producciones presenta ‘La Panadera’, dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Un mundo en movemento’, concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Paul Daniel e con Martin Grubinger, percusión. Dentro do Programa de Abono RFG-Auditorio de Galicia.

Compartir: