Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 30 de outubro

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, para dar conta da resolución das subvencións para o fomento de actividades a prol da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero para 2017.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar a 31 Edición do Festival Cineuropa. Na rolda estarán a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e o director do festival, José Luis Losa.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Confederación de Empresarios da Coruña.

17.15 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co fundador e presidente da Fundación Rede de Innovación de Arousa (RIA), David Chipperfield. Ás 18.00 h, no Hostal dos Reis Católicos, asiste á presentación pública da Fundación RIA.

21.00 h
Samaín en Compostela
No Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga, cine de terror: "It" (versión de 1990). De balde ata completar aforo. Para o público en xeral. Dentro das actividades da Concellería de Mocidade.

Compartir: