Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 3 de outubro

10.30 h
Na Pontepedriña (rúa Amor Ruibal, 1), a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, visita os grafitis realizados dentro do II Festival de Muralismo e Grafiti "Compostela Contemporánea". Tamén estarán na visita dous grafiteiros de Mutante Creativo.

11.30 h
Diante do Multiúsos Fontes do Sar o concelleiro do grupo municipal socialista Gonzalo Muíños mantén un encontro cos medios.

12.30 h
No Salón Verde, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, asina un convenio de colaboración para a recollida de aceite vexetal usado coa Asociación de Hostalería de Santiago e a empresa de inserción laboral Compostela Inserta, promovida pola Plataforma polo Emprego. Na sinatura estarán Sara Santos e Miguel Fernández, presidentes das respectivas entidades asinantes.

16.00 h
Na Facultade de Ciencias Políticas, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste á inauguración do IV Encontro REJIES (Red Española de Jóvenes Investigadores en Economía Social)

19.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos participantes no IV Encontro REJIES (Red Española de Jóvenes Investigadores en Economía Social).

CURTOCIRCUÍTO. FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE
10.00 h. No Teatro Principal, proxeccións da sección Teenage Riot (actividade reservada a institutos)
11.30 h. No Teatro Principal, proxeccións da sección Criaturas (actividade reservada a colexios)
16.30 h. No Centro Abanca Obra Social (praza de Cervantes), actividade Arredor do son: conferencia Materia sonora ambiental e escoita inmersiva, co artista sonoro Francisco López. Entrada de balde ata completar aforo.
18.30 h. No Teatro Principal, proxección dos filmes participantes na segunda sesión da sección competitiva Explora2. Prezo da sesión: 2 euros.
20.15 h. No Teatro Principal, proxección dos filmes participantes na terceira sesión da sección competitiva Radar 3. Prezo da sesión: 2 euros.
22.15 h. No Teatro Principal, proxección dos filmes participantes na segunda sesión da sección competitiva Planeta GZ. Prezo da sesión: 2 euros.

Compartir: