Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 27 de outubro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a campaña municipal de divulgación do Squash nos centros educativos de Compostela. Na rolda tamén estará Carlos Noya, da Federación Galega de Squash.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

14.00 h
Na sede de Afundación (rúa do Vilar,19), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á clausura dos actos con motivo do X Aniversario de FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral).

18.00 h
Samaín en Compostela
No Centro Sociocultural do Ensanche, obradoiro de tallado e caracterización de cabazas. Será necesario inscribirse no telefono 981543001 e levar unha cabaza. Para nenos e nenas ata 12 anos. Dentro das actividades organizadas pola Concellería de Mocidade.

18.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia ao abeiro do ciclo, "Descubre unha orquestra para ti, a túa!". O recital, con obras de I. Stravinski e L. Wennaköski, forma parte do programa RFG solidaria e adícase a visibilizar o labor da asoc. Tierra de Hombres. As entradas, a 5 euros (con descontos).

19.30 h
No CSC de Vite, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e os concelleiros do goberno municipal participan no sétimo Encontro ao Vivo. Neste caso coa veciñanza da zona URBANA NORTE (San Roque, Basquiños, Estila, Almáciga, Pelamios, Vista Alegre, Romaño, Vite, Guadalupe, Salgueiriños, Meixonfrío e Cancelas).

20.30 h
No Paraninfo da Universidade, concerto do gaiteiro Paulo p. e a pianista Berta Fresco ao abeiro das Xornadas de Música Contemporánea. Entrada de balde ata completar aforo.

SEMANA AMAL
20.00 h. No Teatro Principal, proxección do documental Cairo Jazzman (2017, Dir. Atef Ben Bouzid).
22.00 h. No Teatro Principal, proxección do filme de ficción Headbang Lullaby (2017, Dir. Hicham Lasri).
00.00 h. No Teatro Principal, proxección do filme de ficción Os cabalos de Deus (2012, Dir. Nabil Ayouch).

Compartir: