Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 26 de outubro

9.30 h
No hotel monumento San Francisco, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste á inauguración do V Encontro Científico Galego de Enfermería e Fisioterapia.

11.30 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, para presentar a Xornada do Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas. Na rolda tamén estará Antón Mouriz, coordinador de MANAIA, a Asociación Galega de Axuda á Adopción.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste á lectura do manifesto con motivo do Día do Dano Cerebral a cargo de membros da Asociación Sarela, que rematan no Obradoiro unha camiñata desde a Alameda (saída ás 11.00 h).

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, sobre asuntos da súa área.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia ao abeiro das Xornadas de Música Contemporánea. Paul Daniel dirixe a orquestra nun programa con obras de E. Soutullo, I. Stravinski, M. Lindberg e L. Wennäkoski, que conta coa colaboración do malabarista, Pablo Reboleiro. Prezo da entrada: 15 euros (con descontos do 50%)

SEMANA AMAL
20.00 h. No Teatro Principal, proxección do documental Letters from Baghdad (2016, Dir. Sabine Krayenbühl, Zeva Oelbaum).
22.00 h. No Teatro Principal, proxección do filme de ficción Wajib (2017, Dir. Anne Maria Jacir).
00.00 h. No Teatro Principal, proxección do filme de ficción La Haine (1995, Dir. Mathieu Kassovitz).

Compartir: