Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 25 de outubro

9.00 h
No CIPX (Centro de Interpretación de Parques e Xardíns) de Belvís, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura o obradoiro con expertos europeos para a co-creación de solucións intelixentes para as cidades "Smarter Together".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e da secretaria xeral do Sindicato de Enfermería SATSE en Galicia, Carmen García Rivas, para presentar o V Encontro Científico Galego de Enfermería e Fisioterapia, que terá lugar o 26 de outubro en Santiago.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar as actividades do Samaín.

19.00 h
Na Zona C, visita guiada á exposición Un cuarto propio, por conta da artista Rosa Neutro e o comisario Rosendo Cid. De balde.

SEMANA AMAL
20.00 h. No Teatro Principal, proxección do documental Gaza Surf Club (2016, Dir. Philip Gnadt, Mickey Yamine).
22.00 h. No Teatro Principal, proxección do filme de ficción Alí, a cabra e Ibrahim (2016, Dir. Sherif El Bendary).

Compartir: