Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 24 de outubro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar as Xornadas de Ilustración Urbana. Na rolda estarán a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e a coordinadora das Xornadas, Gemma Sesar.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais e Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar o programa "Liñas Paralelas". Na presentación tamén participará o actor e escritor Pepe Sendón.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, para presentar o Xeoportal do Concello de Santiago.

19.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto en lembranza de José Antonio Souto Paz, alcalde da primeira corporación democrática do Concello de Santiago (1979-1981) e decano da Facultade de Dereito da USC entre 1973 e 1975.

SEMANA AMAL
20.00 h. No Teatro Principal, proxección do documental Fuego en el mar (2016, Dir. Gianfranco Rosi).
22.00 h. No Teatro Principal, proxección do filme de ficción Eshteback-Clash (2016, Dir. Mohamed Diab).

Compartir: