Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 21 de outubro

11.00 h
No CC Área Central, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste á inauguración do IX Congreso de Familias Numerosas (AGAFAN)

12.00 h
No CIAC, obradoiro de "Cosmética natural", dirixido ao público adulto. A finalidade da actividade é dar a coñecer os axentes químicos utilizados habitualmente nos produtos de hixiene e cosmética así como a elaboración de cremas e outras receitas a partir de ingredientes naturais e ecolóxicos.

13.30 h
No Auditorio da Facultade de Medicina, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste á inauguración do XXIX Congreso Estatal de Hixienistas Dentais.

13.30 h
No CSC Casa Agraria, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao concerto da Banda Municipal de Música con motivo do 25 aniversario da Casa Agraria.

20.30 h
No Paraninfo da Universidade, concerto ao abeiro das Xornadas de Música Contemporánea coa mezzosoprano Magdalena Llamas e o pianista Luis Fernándo Pérez. De balde.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Silvia Pérez Cruz. Entradas esgotadas

FESTIVAL GALICREQUES
11-14 h Na praza do Toural, obradoiro El Trastero de Lula titulado "Constrúe o teu propio monicreque".
13.30 h No paseo central da Alameda, a compañía Lafontana-Formas Animadas presenta "Mamulengo Capiroto". De balde.
17.00 h No Teatro Principal, a compañía La Puntual presenta o espectáculo "Pipa, el títere maravilla". Entradas a 5 euros.
17-20 h Na praza do Toural, obradoiro El Trastero de Lula titulado "Constrúe o teu propio monicreque".
18.00 h Na Fundación SGAE, a compañía Mazzù Teatro presenta "Enredos de amor y odio". Entradas a 5 euros.
18.00 h No paseo central da Alameda, a compañía Lafontana-Formas Animadas presenta "Mamulengo Capiroto". De balde.
19.00 h No paseo central da Alameda, a compañía Mircromina Teatro de Títeres presenta "Vacacións no mar". De balde.
21.30 h No Teatro Principal, a compañía Etcétera presenta El alma del pueblo. Entradas a 5 euros.

Compartir: