Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 20 de outubro

11.00 h
No auditorio Abanca (Preguntoiro), a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste á inauguración do curso 2017-2018 da Asociación cultural galega de formación permanente en adultos (ATEGAL).

11.30 h
En Belvís (Centro de Interpretación de Parques e Xardíns), o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, participa no obradoiro de co-creación da imaxe gráfica do programa europeo Smarter Together en Santiago. Este programa consiste na colaboración e intercambio de experiencias desenvolvidas en cidades europeas de referencia para a co-creación de solucións intelixentes co obxectivo de mellorar a vida nas cidades en aspecto como a mobilidade, a enerxía, rehabilitación, participación cidadá, etc., apoiándose nas posibilidades que as novas tecnoloxías ofrecen. Neste obradoiro, que se desenvolverá de 10 a 12 horas, os convidados elaborarán in situ unha serie de carteis personalizados.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

18.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto "Descubre unha orquestra para ti, a túa!". A Real Filharmonía de Galicia interpreta un programa con pezas de Haendel e Beethoven adicado á visibilidade do labor da Fundación Autismo Galicia. Entradas a 5 euros (con descontos para menores de 14 anos).

20.30 h
Na Igrexa da Universidade, concerto encadrado nas Xornadas de Música Contemporánea. O cuarteto de saxofóns Sigma Project interpreta un programa con pezas de Georg Friedrich Haas, Jacobo Gaspar, Peter Eötvös, Hilda Paredes e Alberto Posadas, que inclúe dúas estreas absolutas. De balde.

FESTIVAL GALICREQUES
11.00 h Na Fundación SGAE, a compañía Teatro Arbolé presenta "Mi primer Quijote" (función escolar).
11.30 h No Teatro Principal, a compañía Alauda Teatro presenta "Macbeth" (función escolar).
12.00 h No CSC Santa Marta, a compañía Títeres Sin Cabeza presenta "Recreo" (función escolar).
17- 20 h Na Praza do Toural, Obradoiro de El Trastero de Lula titulado "Constrúe o teu propio monicreque".
17.30 h No paseo central da Alameda, a compañía El Telón presenta "Historias con guantes". De balde.
18.30 h No CSC Santa Marta, a compañía Títeres Sin Cabeza presenta "Recreo". Entradas a 5 euros.
19.00 h No paseo central da Alameda, a compañía Arriba las Hu!manos presenta "Un botón en mi cabeza". De balde.
20.30 h No Teatro Principal, a compañía Alauda Teatro presenta "Macbeth". Entrada a 5 euros.

Compartir: