Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 13 de outubro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar a actividade "Aulas de autodefensa feminista", dentro dos Orzamentos Participativos de Mocidade 2017. Na rolda estarán dúas das organizadoras.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o congreso "Retos e desafíos do desenvolvemento local" que organizan REDEL, FEPRODEL e a FEMP.

20.30 h
No Teatro Principal, representación de Circo de Pulgas, o novo espectáculo de Matarile Teatro, dirixido por Ana Vallés e con Mónica García, Nuria Sotelo, Celeste González, Ricardo Santana, Óscar Codesido e a propia Vallés no equipo de intérpretes. Entrada a 10 euros con descontos do 50% para diferentes colectivos.

Compartir: