Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 9 de marzo

11.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar ‘Morte accidental dun anarquista’, que estrea Talía Teatro venres e sábado no Principal. Á rolda asisten tamén Jacobo Sutil, director de AGADIC; Cándido Pazó, director do espectáculo; e Artur Trillo director da compañía.
NOTA: Ao remate da rolda, interpretarán un breve fragmento do espectáculo para os medios de comunicación. (Rolda presencial).

12.00 h
Na praza do Obradoiro, concentración silenciosa de cinco minutos en solidariedade co pobo ucraíno.

12.05 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para presentar a seguinte fase do proceso de elaboración da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela. Tamén estarán os co-directores do proxecto, María Cadaval e Santiago Lago.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación das actividades paralelas do I Encontro do Viño Galego Revera Vinum, que se celebrará en Santiago o 22, 23 e 24 de marzo, e que inclúen as ‘Rutas de Viño Revera Vinum Compostela’ e as ‘Catas con Maridaxe Musical Revera Vinum Compostela’. Interveñen o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: