Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 31 de marzo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, para dar conta da xuntanza do Consello Municipal de Saúde.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
No Palacio de la Zarzuela, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na recepción aos alcaldes e alcaldesas do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España por parte de SM o Rei.

12.40 h
No IES Xelmírez II, o concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, entrega varios agasallos ao alumnado premiado na campaña "Vas Picar? Mocidade libre de apostas". Tamén estará presente Ramón Molina, educador social de Arela. Ás 13:15 h, entrega no IES Eduardo Pondal.

19.45 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, Conversando con… Nicolas Altstaedt, previo ao concerto no que dirixe á RFG.

19.45 h
No salón de actos da Facultade de Filoloxía da USC, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de celebración do 20 aniversario da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Primavera xermánica’, concerto da Real Filharmonía de Galicia con Nicolas Altstaedt, director e violoncello. Dentro da Temporada de Abono RFG-Auditorio de Galicia.

Compartir: