Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 30 de marzo

10.45 h
No Monte do Gozo, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de inauguración do Centro de Día Monte do Gozo da Asociación Aspanaes.

11.00 h
No Salón Nobre, recepción a un grupo de alumnos e alumnas de ATEGAL e un grupo de alumnos seniors de Cambridge.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do Grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
ROLDA ANULADA - Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, para dar conta da xuntanza do Consello Municipal de Saúde.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

19.00 h
No Auditorio Abanca, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á conferencia do premio Nobel de Química 2021, David MacMillan.

Compartir: