Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 11 de marzo

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Esther Pedrosa, para presentar a VI carreira nocturna SantYaGo 10K. Na rolda tamén estarán o presidente do Club de Atletismo Fontes do Sar, José Antonio Juanatey, e o delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
No Museo Centro Gaiás, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición "Xacobeo. As pegadas do Camiño".

19.30 h
No Salón Peregrinos de San Martiño Pinario, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á apertura da XXXV Asemblea Anual da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.

20.30 h
No Teatro Principal, Talía Teatro estrea ‘Morte accidental dun anarquista’ en versión e dirección de Cándido Pazó. Dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.
NOTA: Ao remate do espectáculo, #posfunción co elenco e director.

Compartir: