Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 5 de xaneiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe a Paul Daniel, con motivo da súa despedida da Real Filharmonía.

13.00 h
No cemiterio de Boisaca, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á ofrenda floral en lembranza de Ramón del Valle-Inclán con motivo do 87 cabodano do seu pasamento.

CABALGATA DE REIS
17.00 h
Os Reis Magos de Oriente percorrerán as rúas da cidade ata a praza do Obradoiro.
Percorrido: Praza da Mercé e desfile pola avenida de Ferrol, Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, rúa do Hórreo, praza de Galicia, rúa da Senra, porta Faxeira, rúa do Vilar, praza das Praterías, travesa de Fonseca e praza do Obradoiro.
18.30 h
Praza do Obradoiro – Chegada da Cabalgata dos Reis Magos á Praza do Obradoiro e recepción por parte do alcalde e da Corporación.
19.00 h
Pazo de Raxoi – Saída dos Reis Magos ao balcón do Pazo de Raxoi.
19.15 h
Pazo de Raxoi – Inicio da recepción dos Reis Magos, que recibirán os nenos e nenas de Compostela que desexen entregarlles persoalmente a súa carta.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Reis, dentro da temporada de abono da RFG. O fermosísimo Crebanoces de Chaikovski centrará o tradicional Concerto de Reis dirixido polo mestre Paul Daniel ao que asiste o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

Compartir: