Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 2 de febreiro

11.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘Xogo de espellos. Unha ollada a través da música electrónica’, concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar o Campionato Alevín de Inverno, que terá lugar o 4 e 5 de febreiro na piscina de Santa Isabel. Á rolda tamén asisten Josè Ángel Rioseco Díaz, presidente do CDN Ciudad de Santiago, e Ramón Mosquera Niebla, secretario xeral da Federación Galega de Natación.

13.00 h
Na rúa Carretas, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita Cáritas Diocesana xunto coa concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro.

18.00 h
No Bosque do Banquete de Conxo, plantación de castiñeiros e presentación do Eco-Bosque Río Sar, coa asistencia do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán Fernández. Programa:
17.45 h
• Chegada de autoridades e visita ao Bosque do Banquete de Conxo (rúa da Nogueira de Conxo, 18)
• Plantación de castiñeiros.
18.30 h
No Centro Sociocultural de Conxo, acto de presentación do Eco-Bosque Río Sar.
• Benvida a cargo a de Mila Castro Sánchez, concelleira de Medio Ambiente
• Explicación do proxecto a cargo de Xabier Ferreiro Campos, técnico responsable do proxecto
• Reprodución do vídeo resumo do proxecto
• Intervención de Hugo Morán Fernández, secretario de Estado de Medio Ambiente.
• Intervención de Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela.

20.30 h
No Teatro Principal, Malasombra presenta ‘Vox Populi’ dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura. Ao remate do espectáculo, #posfunción.

Compartir: