Previsións informativas para o xoves 15 de decembro
10.00 h
No Café Carrilana, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantén un almorzo informativo de Nadal cos medios de comunicación.
11.00 h
Na igrexa de San Fiz, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e os concelleiros de Festas, Sindo Guinarte, e de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, visitan os beléns.
13.00 h
Na Libraría Couceiro, a concelleira de Acción Cultural e Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, participa no acto de presentación do libro "Mulleres en Compostela", de Encarna Otero e Luis Ruiz Padrón, editado por "El Patito Editorial" e no que colabora o Concello de Santiago.
20.30 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel dentro do programa de abono do Auditorio de Galicia-RFG. Antes do concerto, ás 19.45 h, Conversando con… Paul Daniel.
20.30 h
No Teatro Principal, aRi