Previsións informativas para o mércores 11 de agosto
12:00 h.
Na Praza do Obradoiro, minuto de silencio pola muller asasinada en Sevilla, vítima de violencia machista.
12:00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, para informar sobre as principais obras que se están executando na cidade.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
FESTIVAL C
11.00 a 14.00 h.
Na Zona C, exposición "Ruxe Ruxe (1996-2021): 25 anos de universo gráfico". Acceso de balde.
11.30 a 13.30 h.
No exterior do Centro Xove da Almáciga, obradoiros no Parque. Circonove conduce este obradoiro nas artes circenses para nenas e nenos entre 6 e 14 anos.
20.00 h.
No paseo da Ferradura, ciclo Poemas no Estío. A conversa no Valo de Manselle na palabra e a música de Anxo Angueira e Secho.
20.30 h.
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, concerto de Ben Vince ao abeiro do ciclo Colapsoloxías.